O Concello de Nigrán instala novos bancos no paseo desde A Ramallosa a Panxón

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Un dos novos bancos.

O Concello de Nigrán vén de instalar dez novos bancos de madeira no paseo entre A Ramallosa e Panxón ante a petición dos veciños, especialmente xente maior que consideraba que existía demasiada distancia entre os xa existentes. Deste xeito, puxéronse tres na rúa Cidade de Vigo (fronte ao Pavillón de Panxón), tres no paseo marítimo, dous no paseo de Praia América e dous no tramo dende A Ramallosa cara A Foz. Neste entorno hai que sumar os que o Concello puxo a finais de 2016 ao longo do sendeiro azul de Lourido, tramo de gran pendente onde non existía ningún. «Estanse a poñer bancos en todas as parroquias porque queremos crear puntos de convivencia e socialización para os veciños, forma parte da nosa visión de conxunto de ‘Un Nigrán para todos’ e é algo moi demandado pola xente maior», sinala o alcalde, Juan González.