Bai.senpulgas recada case 800 € no Festival Solidario de Patinaxe Artística

O Festival Solidario de Patinaxe Artística celebrado o domingo no Pavillón de Valladares a favor da protectora de animais Bai.senpulgas recadou case 800 €. No evento participaron os grupos show de clubs como os de Soutomaior, Condado, Coruxo, Ribex ou Gondomar. Ao finalizar houbo un sorteo de produtos: unha cesta que incluía dúas camisetas do Celta e unha torta de fondant. Ademais recolléronse penso, chuches e multitude de cousas para os peludos.