A comparsa O millor de cada casa organiza unha viaxe a Asturias

A comparsa O millor de cada casa organiza unha viaxe a Asturias os días 20 e 21 de maio por 80 euros. Inclúe autocar de ida de volta, aloxamento, dúas comidas, un almorzo e unha cea baile con queimada, seguro de viaxe, guía acompañante e visita ao Santuario de Covadonga e ao pobo de Cabrales, famoso polos seus queixos e produtos típicos da rexión, onde os participantes gozarán dunha degustación gratuíta. A saída será desde Vincios. Os interesados poden anotarse no teléfono 688 24 94 64.

Anuncios