A campaña “Degusta Europa, a gastronomía do camiño” chega este mércores a Baiona

FOTO: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA // Inauguración da campaña no Mercado do Progreso de Vigo.

A campaña “Degusta Europa, a gastronomía do camiño” chega este mércores ás 11:00 horas á Praza de Abastos de Baiona, co obxectivo de promover e impulsar os mercados municipais do camiño portugués a Santiago e os produtos da terra.

As actividades, que inclúen degustación do produto local elaborado polo alumnado dos dous centros de formación, terán lugar nos concellos de Tui, Baiona, Vigo, Pontevedra, O Grove e Soutomaior, puntos dos diferentes camiños xacobeos: o Camiño Portugués tradicional, o Camiño Portugués pola Costa e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

“Unha vez máis a Praza de Abastos de Baiona é elixida como referente de calidade dos nosos pratos”, apunta Carmen Paredes, concelleira de Comercio de Baiona.

Ao acto asistirán o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a concelleira Carmen Paredes e a deputada Montse Magallanes.

Anuncios