Os alumnos do CRA Antía Cal de Gondomar cambian contos por aceite para o pobo saharauí

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O CRA Antía Cal de Gondomar organizou este venres un Mercado Solidario no Parque da Coelleira contando coa colaboración do Concello e a ONG Solidariedade galega co pobo saharauí. A cambio dun litro de aceite de oliva, todos os que se achegaron a colaborar recibiron 3 contos infantís, entre eles o alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Educación, Iria Lamas. Os pequenos e pequenas recadaron máis de 100 litros de aceite que irán destinados ao pobo saharauí.