Mila López sumou un novo triunfo na Copa de España de Ciclismo Adaptado en Xerez

Segunda proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado e segunda vitoria de Mila López. A corredora baionesa do IFIT impúxose na categoría WH4 do III GP Handbike nas instalacións do Circuíto de Xerez.

Cun tempo de 1:16:37, Mila adxudicouse o triunfo, mentres que o segundo posto correspondeulle a Eva Isidoro (Handbike Isla). A seguinte xornada desta Copa de España terá lugar en Lorca (Murcia), o 3 de xuño.

Anuncios