A transformación das rotondas de Gondomar en 2 minutos

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Concello de Gondomar vén de publicar un vídeo no que se recolle a recente transformación de tres rotondas do centro urbano, que consistiu no axardinamento das mesmas cunha oliveira como elemento central.

As obras leváronse a cabo a finais do mes de marzo, concretamente, nas glorietas situadas ao comezo e ao final da Avda. Don Diego Sarmiento de Acuña, a primeira xunto á estación de autobuses e a segunda na entrada do Centro de Desenvolvemento Local, e que dá acceso á estrada de Couso, e na que se atopa na intersección das rúas Emigrante e San Benito, xunto os viarios que conducen a Chaín e Peitieiros.

Os traballos foron financiados pola Deputación de Pontevedra, grazas a unha axuda por valor de 23.299,02 € aprobada pola institución provincial, unha actuación que se integra na liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2016.

Anuncios