Este sábado dispútase a derradeira xornada da liga galega de xadrez, na que participa o Club Laroca de Nigrán.
Na primeira división o Laroca A enfrontarase ao líder, o equipo tudense de Xadrez Tui- Xadrez Galego A. O encontro celebrarase na sede de Cotros a partires das 17 horas, e serán unhas partidas intensas xa que o equipo tudense xógase o primeiro posto do grupo, e a única praza de ascenso.
Na segunda división o Laroca B enfrontarase tamén na sede de Cotros ao Club Xadrez Mos B, partidas nas que se xogan ambos os dous equipos librarse do descenso. Os dous equipos están empatados a 17 puntos e os separa da derradeira praza de descenso un só punto.
O Laroca C desprazarase á capital da provincia para enfrontarse ao equipo da EXP Zona Informática. Os laroqueiros intentaran un pleno de vitorias, e esperar que o líder Mosefesa pinche no seu enfrontamento co equipo do Chiringo Contos Tui, para poder optar á praza de ascenso da que os separan dous puntos.
Por outra banda, o luns primeiro de maio, comezará o XII Circuíto Galego Xadrez Promoción, composto por 19 torneos repartidos por toda a comunidade galega, e como seu propio nome indica foi creado para a promoción do xadrez. Dispútase nas categorías de sub-8, sub 10, sub 12 e sub 14. Este luns celebrarase en Noia.

