Sin categoría

Remata o prazo de asistencia gratuíta en equipos de TDT afectados pola instalación do 4G en Baiona

O Concello de Baiona informa de que os usuarios de Televisión Dixital Terrestre (TDT) afectados pola instalación das estacións base de telefonía móbil 4G no municipio dispoñen ata o vindeiro 8 de maio para solicitar unha revisión gratuíta dos seus equipos.

A entidade LLEGA800 levou a cabo durante os últimos meses as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións foron de carácter gratuíto para os cidadáns afectados. De acordo á Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.

A entidade informou ao Concello que o vindeiro 8 de maio finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4G na banda 800 MHz. O teléfono de contacto é o 900 831 902.