O Concello de Nigrán e o Centro Cultural A Camoesa organizan o seu I Mercado Medieval

FOTO: RAPIÑAS DO SALNÉS

O Centro Cultural A Camoesa organiza xunto ao Concello de Nigrán o seu I Mercado Medieval de Camos os días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio. O mercado comeza o venres ás 16:30 horas e nel haberá postos de artesáns, exhibición de cetrería, atraccións para nenos, actuacións musicais… paralelamente, celebrarase a 7ª e 8ª proba da Liga Autonómica de Agility, puntuable para o Campionato de España.

Venres
16:30 Apertura da Feira.

Sábado
10:00 Inauguración da Feira e a continuación, actuación do Grupo de Gaitas de Chandebrito e adestramento canino.
15:00 Probas de Agility.
Mostra de Soft Combat. Soft Combat para nenos e tiro con arco.
20:00 Xuntanza cos grupos: Pandereteiras As Camoesas, Grupo de Gaitas de Chandebrito, Pandereteiras As Xarelas da Touza, Gaitas Ardelume de Baíña, Grupo de Gaitas Virxe do Alivio de Tomiño, Pandereteiras do Sobreiro, Gaitas Romanteleiros de Mañufe e Grupo de Gaitas Cores do Sobreiro.

Domingo
10:30 Campionato de Agility.
12:30 Treboaza de Pinzás.
18:30 Banda de Gaitas Atlántida de Matamá.
19:30 Grupo de Folk Zurrumalla.
21:00 Grupo de Música Harmonía.

Luns
12:00 Treboada Baixo Miño (Tomiño).
12:45 Exhibición de Aves Rapaces. Rapiñas do Salnés.
19:00 Voo de Aves Rapaces.
20:00 Coro Ecos do Castelo da Carrasca.

Anuncios