Nigrán continúa coa programación do Ano Casares cun monólogo de Avelino González

O Concello de Nigrán ofrece este venres ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, dentro da programación especial do “Ano Casares”, o monólogo de Avelino González titulado “Entre un galo e un polbo”. Neste espectáculo o artista repasa anécdotas da vida e obra deste xenial escritor afincado durante máis de vinte anos en Nigrán (e enterrado no municipio) co obxectivo de volver a gozar da súa literatura e de descubrilo a quen non o coñeza. A entrada é de balde.

O actor, director, tradutor e monologuista Avelino González (Vigo, 1962) foi un dos fundadores de Tranvía Teatro e tamén de Ollomol Tranvía, sendo popularmente coñecido polo papel de “Miñato” na serie “Padre Casares”.

Anuncios