Gondomar acolle as VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente do Val Miñor

A Mancomunidade de Montes Comunais en Man Común do Val Miñor organiza este sábado 29 de abril as VII Xornadas de Montes e Medio Ambiente, que terán lugar a partir das 18:00 horas no Centro Neural de Gondomar.

Programa

18:00 h. Apertura das xornadas a cargo de Latino Rodríguez Areal, presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor, e de Antonio Araúxo Quintas, concelleiro de Medio Ambiente.
18:15 h. 1º Relatorio: “Loita contra a velutina, loita pola defensa da bioviversidade”, a cargo de José Ramón Suárez Estévez, delegado de AGA-Rías Baixas.
18:35 h. 2º Relatorio: “O monte veciñal e custodia do territorio”, a cargo de Alfredo López Fernández, secretario da Mancomunidade de Montes do Val Miñor, e Antón García, da asociación de territorio VERDEVAL.
19:15 h. Pausa.
19:45 h. 3º Relatorio: “Monte veciñal multifuncional”, a cargo de José Antonio Teiga Pensado, xerente da empresa a FRAFAIRA FROITOS.
20:05 h. Debate.
21:00 h. Clausura das xornadas a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da ORGACCMM.