O domingo 30 de abril celebrarase un Festival Solidario de Patinaxe Artística a favor da protectora de animais Bai.senpulgas. O evento comezará ás 18:00 horas no Pavillón de Valladares.
Trátase dun festival de grupos show no que participarán clubs como os de Soutomaior, Condado, Coruxo, Ribex ou Gondomar.
Ao finalizar haberá un sorteo de produtos. O primeiro premio serán dúas camisetas do Celta asinadas e o segundo unha torta de fondant. As rifas serán a 2 euros con dous números para participar.
Ademais, de 17:00 a 20:00 horas recollerase comida, produtos de limpeza, accesorios, antiparasitarios…

