Encaixamos organiza unha cea baile

FOTO: ENCAIXAMOS

Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) organiza unha cea baile o vindeiro sábado 6 de maio no Restaurante O Muíño de Sabarís a partir das 21:30 horas. O menú, cun prezo de 20 euros, inclúe queixo frito, lacón afumado, salpicón de navallas, lombo recheo con tetilla, sobremesa e café. A velada estará amenizada polo cantante Roberto Caco e ademais haberá sorteo. Máis información e reservas nos teléfonos 696 716 227 (Ana María) ou 649 808 604 (Cristina).