Luis Blanco impartirá unha Master Class sobre o mundo do café no Obradoiro Terras do Miñor

FOTO: LUIS BLANCO

O nigranés Luis Blanco, campión de España de Barista en 2015, impartirá este mércores unha Master Class sobre o mundo do café no Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor V”. Será a partir das 11:40 horas no CPI Panxón.

Luis Blanco, de 25 anos de idade, é especialista de todo o relacionado co mundo do café e representou a España no Campionato do Mundo de Baristas. É propietario de TheCoffeeLand en Vigo e proximamente abrirá un novo local no centro de Nigrán.

Anuncios