Os baioneses Anxo Uzal e Diego Otero continúan sumando medallas. Este fin de semana, os deportistas do Club de Loita Sabarís participaron no Torneo Internacional Jóvenes Promesas, que se celebrou no Pavillón Esperanza Lag de Elxe.
Diego conseguiu o ouro e Anxo a prata na categoría cadete, disputada o sábado, en 58 kg e 54 kg respectivamente. Na xornada do domingo, Diego finalizou terceiro en júnior, facéndose coa medalla de bronce.
Tras a competición, Diego participará na concentración internacional nas instalacións do Centro de Tecnificación Deportiva de San Javier (Murcia) do 24 ao 28 de abril. De aí sairán os deportistas que representarán a España nas citas continentais e mundiais deste ano 2017.
Galicia acudiu ao Torneo con 3 técnicos, 1 árbitro e 16 deportistas, sendo unha das comunidades que máis deportistas achegan ás seleccións nacionais das categorías cadete e júnior.
O Torneo Internacional Jóvenes Promesas é a cita máis importante para as categorías previas á absoluta das Loitas Olímpicas.

