O Centro Cultural A Camoesa acollerá o próximo fin de semana o I Mercado Medieval de Camos, organizado polo Concello de Nigrán. Os días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio haberá postos de artesáns, polbo á feira, actuacións musicais, lume e pirotecnia, exhibición de cetrería, atraccións para os máis pequenos e a 7ª e 8ª proba da Liga Autonómica de Agility, puntuable para o Campionato de España.
Venres
11:00 Apertura da Feira.
Sábado
10:00 Inauguración da Feira e a continuación, actuación do Grupo de Gaitas de Chandebrito e adestramento canino.
15:00 Probas de Agility.
Mostra de Soft Combat. Soft Combat para nenos.
20:00 Xuntanza cos grupos: Pandereteiras As Camoesas, Grupo de Gaitas de Chandebrito, Pandereteiras As Xarelas da Touza, Gaitas Ardelume de Baíña, Grupo de Gaitas Virxe do Alivio de Tomiño, Pandereteiras do Sobreiro, Gaitas Romanteleiros de Mañufe e Grupo de Gaitas Cores do Sobreiro.
Domingo
10:30 Campionato de Agility.
12:30 Treboaza de Pinzás.
18:30 Banda de Gaitas Atlántida de Matamá.
19:30 Grupo de Folk Zurrumalla.
21:00 Grupo de Música Harmonía.
Luns
12:00 Treboada Baixo Miño (Tomiño).
12:45 Exhibición de Aves Rapaces. Rapiñas do Salnés.
19:00 Voo de Aves Rapaces.
20:00 Coro Ecos do Castelo da Carrasca.

