Con motivo da campaña de intensificación dos servizos impulsada polo Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia e ao obxecto de conseguir a máxima visibilidade das actividades de prevención da seguridade viaria, polo Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, establecéronse diferentes controis de alcol e drogas, que se levaron a cabo durante os días 7 ao 17 deste mes, nas principais vías de comunicación da provincia.
ALCOL
Se levaron a cabo un total de 4.903 probas. Delas: 4.813 realizáronse en distintos puntos de control, 3 foron con motivo de infrinxir algún precepto da Lei de Seguridade Viaria, 85 con ocasión de accidentes de circulación e 2 a condutores que presentaban síntomas evidentes.
Dos 161 resultados positivos detectados: 143 traducíronse en denuncias administrativas e 18 en dilixencias xudiciais por vía penal, ao superar a taxa de 0,65 mg/l.
Nestes casos, os condutores que fosen sancionados no ano inmediatamente anterior por dar positivo en alcol, a sanción é de 1.000 € e a detracción de 6 puntos. Esta mesma sanción e detracción de puntos aplícase tamén a aqueles condutores que circulen cunha taxa que supere o dobre do permitido. Para os non reincidentes e para os que dean unha taxa entre 0,25 e 0,50 mg/l a sanción é de 500 € e a detracción de 4 puntos. Pola súa banda, aqueles condutores que fosen postos a disposición xudicial enfróntanse a penas de prisión ou multa e en todo caso privación do dereito para conducir por un tempo superior a un ano e un día.
DROGAS
Oito condutores foron sometidos ao test salival para comprobar a presenza no organismo de drogas. Cinco resultaron positivos e formulóuselles un expediente denuncia por vía administrativa.
Como vén sendo habitual, entre as drogas máis consumidas está o cannabis seguido da cocaína. Ademais, en 2 condutores detectouse policonsumo, con resultado positivo a máis dunha sustancia.
No caso das drogas, a lei prohibe conducir con presenza de estupefacientes no organismo do condutor, quedando excluídas as sustancias que se utilicen baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.
ACCIDENTALIDADE
Rexistráronse 85 accidentes, con 45 feridos, e 2 falecidos.

