
Un total de 100 escolares participarán o vindeiro domingo, 23 de abril, no VII Campionato Escolar de Natación do Val Miñor 2017 que vaise celebrar na Piscina Mancomunada do Val Miñor. Organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a proba celébrase dende as 10.00 ata as 13.15 horas.
As categorías participantes son Pre-Benxamín Mixto (nados en 2010-09), Benxamín Mixto (08-07), Alevín Mixto (06-05) e Infantil Mixto (04-03). Realizaranse quendas clasificatorias en cada unha das probas ata obter os mellores seis tempos de todas elas, para a posteriori realizar a final. As probas serán 25 metros croll e 25 metros costas para Prebenxamíns e Benxamíns, e 50 metros croll e 50 metros costas para Alevíns e Infantís.
A organización lembra aos participantes a importancia de acudir con tempo para estar con puntualidade na saída de cada categoría. A entrega de premios e o sorteo entre os participantes será ás 13:00 horas.