Festival do grupo de baile Giro’s no Auditorio de Baiona

FOTO: MARCELO DI PIETRO

Este sábado día 22 de abril o Auditorio V Centenario de Baiona acolle un festival do grupo de baile Giro’s do Centro Cultural e Social de Baíña. Tamén participará como convidado o grupo Giro’s da Asociación de Veciños de Matamá. O festival comezará ás 18:30 horas.