Esta semana, na sesión de dinamización lectora dos mércores na Casa da Lectura, estarán acompañados dunha manchea de bechos verdes. Leranse os contos “Croco, Será unha ra?” e “A tartaruga que quería durmir” e farán un divertido obradoiro. A actividade comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Bechos verdes, na sesión semanal da Casa da Lectura

