OVALMI e Concello de Gondomar convocan a hostaleiros e comerciantes a unha reunión

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Concellería de Turismo e Comercio do Concello de Gondomar convocan a todos os hostaleiros do municipio a unha reunión que terá lugar o día 20 de abril ás 17:00 horas no Centro Neural.

Posteriormente, a Concellería de Turismo e Comercio de Gondomar convoca a todos os comerciantes do municipio a outra reunión ás 20:45 horas no mesmo sitio.

Desde OVALMI fan un chamamento á asistencia xa que se tratarán diversos temas de interese para estes dous sectores.

Anuncios