
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) pon en marcha un curso de inglés dirixido principalmente ao comercio, debido á demanda e á proximidade da chegada de turistas á comarca.
A formación, de 20 horas, ten unha orientación claramente práctica. Para calquera consulta ou dúbida, os interesados poden poñerse en contacto con OVALMI, a través do teléfono 986 36 67 30 ou no correo electrónico asociación@ovlami.com.