O Concello de Nigrán ofrece un baile para maiores este sábado no Auditorio Municipal

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 15 de abril a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal unha sesión especial de baile para maiores amenizado polo Trío Armonía, que ofrecerá música en directo aos asistentes. A entrada é de balde.