
A Policía Autonómica esclareceu nos últimos días un incendio forestal ocorrido no concello de Baiona.
A Policía Autonómica de Vigo procedeu á imputación dun varón como presunto autor dun incendio ocorrido o 18 de marzo no lugar de Medialdea, parroquia de Belesar, no concello de Baiona, que afectou a unha superficie arborada de 0,28 hectáreas. O lume produciuse cando o investigado estaba a realizar unha queima de restos forestais, supostamente de modo neglixente. Tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución número 6 de Vigo.
No que vai de ano son 25 as persoas detidas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntos autores de incendios forestais.