Sin categoría

A ED Val Miñor recada 2.000 € na súa Campaña Solidaria a favor da Síndrome de SOTOS

A ED Val Miñor de Nigrán, en colaboración coa Asociación Española da Síndrome de SOTOS (AESS), organizou o pasado domingo no campo municipal de Condomínguez unha Xornada Solidaria que coincidiu co último partido do equipo Xuvenil División de Honra na tempada 2016/2017, no que se enfrontou ao CD Tropezón.

“Na actualidade gozamos de “un gran neno” cos síntomas da Síndrome de SOTOS e que defende a portería da Escola con moita ilusión e acerto. Entre todos imos tentar poñer o noso “granito de area” en axudar a AESS para a captación de recursos que faciliten que os afectados dispoñan dos mellores tratamentos e unha integración plena na sociedade”, sinalan desde a ED Val Miñor.

Os asistentes ao encontro puideron colaborar realizando unha achega voluntaria. A Campaña Solidaria conseguiu recadar un total de 2.000 €.