Ferido un motorista en Gondomar ao sufrir unha colisión contra un turismo

Unha persoa resultou ferida en Gondomar despois de que a súa moto sufrise unha colisión contra un turismo. Ata o lugar do sinistro foi enviada unha ambulancia para asistir ao motorista.

O accidente tivo lugar na Areosa, na parroquia de Donas. Unha persoa particular daba conta dos feitos ao 112 Galicia ás 17:10 horas desta tarde.

Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias alertaron a Urxencias Médicas, ao GES do Val Miñor, a Protección Civil de Nigrán e á Policía Local de Gondomar.

Anuncios