Detido un mozo de Baiona tras causar danos en vehículos estacionados nunha rúa de Vigo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a R F.C. R., home de 18 anos de idade, veciño de Baiona, por causar danos materiais a varios vehículos estacionados, así como ao portal dun Edificio na rúa Martín Echegaray.

Ás 6:00 horas do día 9 de abril de 2017, os axentes foron comisionados pola central de información e mando -Cima- , para que se trasladasen á citada rúa onde ao parecer, nas proximidades do número 5, un individuo estaba a danar varios vehículos na vía pública.

Quen requiriu os servizos policiais, facilitaron as características do home suposto autor dos feitos.

Cando os Policías chegaron ao lugar non observaron ao presunto autor, pero si se decataron de que algúns vehículos estacionados presentaban danos tales como rotura de retrovisores.

A patrulla efectuou un percorrido pola zona, recibindo un novo comunicado da central, informando que a persoa que danara os vehículos causara tamén danos no portal número 5 da mesma rúa, accedendo ao interior do edificio.

Efectivamente os axentes comprobaron que o cristal do portal estaba fracturado, polo que percorreron o inmoble subindo as escaleiras piso por piso, localizando no rechán do oitavo a un individuo cuxas características físicas coincidían plenamente coas achegadas. Ademais da anterior coincidencia, presentaba lesións nos cotobelos.

Os feitos determinaron a detención de RF.C. R., ao que se lle imputa un presunto delito de danos.

Catro turismos e un ciclomotor resultaron con diversos danos que afectaron os seus elementos exteriores- espellos retrovisores, rejillas e manillas.

Anuncios