O Cereixa derrota ao actual campión e dá un paso de xigante na procura do título

FOTO: CEREIXA FS

Novo triunfo do Cereixa FS na súa visita á casa do actual campión nun partido complicado no que os de Vincios remontaron ata en tres ocasiones para dar un paso de xigante na procura do título.

O encontro empezou con moito ritmo por parte dos locais e o Cereixa FS non estaba cómodo na pista. As defensas impoñíanse aos ataques e o partido non se terminaba de romper ata que os árbitros daban un penalti moi discutido que permitía ao Campito FS adiantarse no marcador (1-0). Pouco despois un bo corte de Huguito Gonzalvez permitía unha rápida contra que Alex Cabral Álvarez culminaba á perfección cedendo a Gabriel Denis Vasconcellos para o empate (1-1).

Parecía que se chegaría ao descanso con empate pero tras unha boa xogada de estratexia o local volvía golpear (2-1).

No entretempo o equipo conxurouse para baleirarse ao máximo e dar a volta ao marcador. Non se xogou ben pero o Cereixa FS era consciente de que media liga pasaba por Chapela.

Desde a continuación víronse as intencións duns e outros, co Cereixa FS levando a iniciativa e chegando ao empate despois dunha boa combinación en banda; Esteban Fernández Figueiras empataba novamente (2-2). O visitante estaba mellor plantado pero o Campito FS aproveitaba os erros e outra vez poñeríase en vantaxe (3-2).

Quedaban cinco minutos e a liga ardía con este resultado ata que Gabriel Denis Vasconcellos sentaba ao porteiro para empatar o partido (3-3) e practicamente na seguinte xogada, Nelson Oliveira Moreira culminaba a remontada (3-4).

O Campito FS estaba en shock e pedía tempo morto para atacar en superioridade pero o equipo soubo sufrir nos minutos finais e primeiro Luca e outra vez Nelson, pechaban o marcador (3-6).

Final, unha xornada menos e outra vitoria que permite ao Cereixa FS manter o liderado en solitario cun partido aprazado e un total de 12 puntos por disputar.

Co de hoxe son 12 os triunfos consecutivos que encadea o equipo e tres meses de competición onde só súmase da tres.

Queda pouco, hai que manter o ritmo porque os rivais non regalarán nada e o Cereixa FS quere culminar unha tempada para enmarcar. Unha semana para descansar e para volver máis fortes coa visita a Gondomar do Quinta Tui.