Continúa o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe con Alejandro Vargas e Lar Legido

Este venres 7 de abril continúa o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, que se celebrará o primeiro venres de cada mes ata xuño.

Nesta ocasión actuarán Alejandro Vargas, que recibiu o premio ao mellor pianista de jazz en Cuba, e Lar Legido, considerado o mellor batería de Galicia. O concerto comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá servizo de cafetería, catering e merchandising.

Anuncios