Tras realizar unha unidade didáctica de rugby no instituto, alumnos do IES Val Miñor de Nigrán achegáronse este venres a Praia América, para da man da Federación Galega de Rugby, co seu programa Rugby Ready, vivir unha experiencia máis intensa.
Contaron coa presenza e inestimable axuda de Diego Dolán, encargado de desenvolver o programa da Federación e do Vigo Rugby Club, que estaba representado por Maka Tatafu, xogador do primeiro equipo do club, e Luis Martínez, director da escola de rugby.
A súa xenerosidade permitiu que 90 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor de Nigrán coñecesen un deporte que aquí en España é minoritario, pero en outros países próximos coma Francia ou Inglaterra teñen un gran arraigo.




