Audición da Segunda Avaliación da Escola de Música da AM de Belesar

FOTO: AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR

A Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar celebra este venres 7 de abril a Audición da Segunda Avaliación do Curso 2016/2017. Participarán alumnos da Escola de Música, de Iniciación Musical e da Banda de Música da Escola. Será a partir das 19:30 horas no Centro Cultural Municipal de Belesar.