Gondomar mellora viarios nas parroquias

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Concello de Gondomar destina 28.622,55 euros á mellora e acondicionamento de viarios nas parroquias. Así, comezaron os traballos de construción de muros de mampostería en Morgadáns, concretamente nos barrios de San Roque e Gonda. Por outra banda, acaba de concluír o asfaltado e acondicionamento de viarios no barrio de Brandufe, na parroquia de Vincios. O alcalde, Paco Ferreira, asegura que “as parroquias si nos importan”, e destaca que desde o goberno local “seguimos transformando Gondomar polos catro custados”.

Anuncios