O Centro Cultural e Veciñal organiza o III Serán de Homenaxe ás Pandereteiras hoxe domingo 2 de abril a partir das 17:00 horas no Adro de Peitieiros.
O motivo que levou, xa no ano 2015, ao CCV de Peitieiros a organizar este serán foi o de conmemorar o día internacional das mulleres cunha actividade festiva. Por iso se converteu nunha homenaxe ás pandeireteiras, simbolizando nelas a importancia do papel da muller na transmisión da nosa música en particular e da nosa cultura en xeral, visibilizándoas e dándolles o protagonismo que merecen.
Para o seu desenvolvemento contan coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e da Comisión de Festas.
O serán rematará cunha chocolatada.
Entre os diversos grupos que participarán no Serán, estarán as pandeireteiras de Gargamala.

