Cortes de tráfico en Nigrán polo paso do XVIII Medio Maratón Vig-Bay

FOTO: VIG-BAY

Con motivo da celebración da popular carreira atlética Medio Maratón “Gran Bahía Vig-Bay” o vindeiro domingo 2 de abril, a Policía Local de Nigrán comunica que entre as 10:30 e as 13:30 horas quedará restrinxido ao tráfico rodado de vehículos, impedíndose a súa circulación, nos seguintes viarios deste termo municipal:

– Priegue e Nigrán: Estrada pola Vía desde Prado, ata a rúa Castelao e rúa Castelao desde a Estrada pola Vía ata a Avda. Praia América.

– Panxón: Rúas Arquitecto Palacios, Gondomar e Cidade de Vigo.

– Praia América: Avda. Praia América, rúas Chans, Lourido Beiramar, Foz e Torrente Ballester.

Crearanse dous puntos de cruzamento de vehículos para os que circulan desde as zonas de Panxón e Praia América e diríxanse en dirección ao centro urbano de Nigrán ou continuación cara a Vigo, Baiona, Gondomar, etc. os cales estarán situados:

1.- Cruzamento de Panxón (Rotonda da Estrada pola Vía coas rúas Mariñeiro e Otero Pedrayo).

2.- Cruzamento do Concello (Rotonda Estrada pola Vía con rúa Castelao).

Por último, crearase un punto de cruzamento na Foz para dar acceso e saída a Monte Lourido.

Estes puntos de cruzamento, que serán regulados por axentes da Policía Local, iranse habilitando en fases que se marcarán en función da densidade de participantes no transcurso da carreira.

Anuncios