Contos escatolóxicos, na Casa da Lectura

Este mércores, 29 de marzo, a programación semanal de contacontos na Casa da Lectura continúa cunha divertida proposta de contos escatolóxicos. “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” ou “Teño ganas de…” son algunhas das historias que se escoitarán. Logo os asistentes converteranse en moscas detectives para descubrir de quen é todo “aquilo” co que se van atopar… A sesión comeza ás 18:00 horas e desde as 17:30 a Casa da Lectura abre as súas portas para atender o servizo de préstamo bibliotecario.

Anuncios