Búscanse mecenas en Nigrán para o estudo da biopsia líquida

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este xoves 30 de marzo ás 20:00 horas unha conferencia na que a Dra. Teresa Curiel explicará os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida.

Son xa máis de 330.000 euros os acadados ata o momento pero Oncomet precisa chegar aos 500.000 euros nos 15 días que quedan de campaña polo que se apela á colaboración das grandes empresas galegas xa que a resposta cidadá está a ser inmellorable.

Os resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes adiantándonos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadios máis temperáns, seleccionando así mellor os tratamentos.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.

De conseguir o éxito agardado nos 16 días que quedan, a campaña contribuiría a colocar a Galicia nunha situación de liderado no marco da medicina oncolóxica de precisión.

Anuncios