Unha vitoria e tres derrotas para o Laroca na oitava xornada de xadrez

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Na primeira división o Laroca A tan só puido facer un punto ante o Universitario de Ourense A, actual segundo clasificado, punto conseguido por Artai Bringas, xogador ascendido do equipo de segunda división. Con este resultado o Laroca A baixa unha posición na clasificación pasando ao cuarto posto da mesma.

Na segunda división o Laroca B sufriu unha derrota por 4-0 ante o actual líder da clasificación, o Mosefesa & The Wailers. Con este resultado o Laroca B descende ata a novena posición. O Laroca C conseguiu a única vitoria da xornada por 3-1 ante o equipo pontevedrés de EXP Concello de Pontevedra, con vitorias de Iago, Lino, Jorge e táboas de Guillermo. Con esta vitoria o equipo nigranense ascende ata a terceira posición da táboa clasificatoria.

Na terceira división o único equipo que xogaba nesta xornada, o IES Auga da Laxe Laroca, sufriu unha dura derrota en Vigo ante o Vila de Bouzas B, por 4-0. Con esta derrota pérdese toda opción de ascenso a falta dunha xornada para que remate a liga de terceira división.

Por outra banda, onte celebrouse no IES Auga da Laxe a primeira xornada da liga de cuarta división, organizada pola Federación Galega de Xadrez, onde participaron máis de 150 rapaces pertencentes a 27 equipos da zona sur de Pontevedra, dos cales clasificáronse oito equipos, entre eles, dous dos catro equipos que presentou o Laroca.

CLUB DE XADREZ LAROCA
FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA