A obra musical “Os tres porquiños” chega a Gondomar

Educa Teatro Producións presenta este sábado 25 de marzo en Gondomar “Os tres porquiños”, unha obra musical con bonecos a tamaño real, que comezará ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío. O prezo da entrada é de 2,50 euros.

Sinopse

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

Anuncios