Tres vitorias, un empate e unha derrota é o balance da sétima xornada de liga para o Laroca

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

O sábado disputouse a sétima xornada da liga galega de xadrez, na que o Club Laroca de Nigrán participa con cinco equipos.

Na primeira división o Laroca A sufriu a primeira derrota da liga de mans do xadrez Ourense B, por 1.5-3.5, con vitoria de Fran e táboas de Tino. Con este resultado os nigranenses seguen mantendo a terceira posición da táboa en solitario.

Na segunda división o Laroca B impúxose ao Mos A por 3.5-1.5, con vitorias de Dani e Araujo e táboas de Paco. Con esta vitoria ascende á sexta posición da táboa. Por outra banda, o Laroca C conseguiu un meritorio empate a 2 puntos na Guarda ante o Albatros A, vitorias de Artai e Chema. Con este empate ascende ata a cuarta posición da clasificación.

Na terceira división o equipo do Mallón Laroca conseguiu unha meritoria vitoria en terras da Louriña ante o Mos E por 0-4, con vitorias de Juan, Agustín, Mauro e Guillermo. Con esta vitoria ascende ata o cuarto posto da clasificación. O equipo do IES Auga da Laxe Laroca conseguiu imporse ao equipo da EXP CSCR Beade por 3.5-0.5 con vitorias de Laura, Osian e José Manuel e táboas de Ana. Con este resultado conseguen ascender á segunda posición empatados a 18.5 puntos co Bouzas B, próximo rival dos miñoranos.

LAROCA B
FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA