O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra colabora con “Xuntos no Camiño”

FOTO: GARDA CIVIL

Durante o día de onte, uns sesenta membros de varias asociacións de enfermos crónicos e de ámbito social (Asampo, Asseii, Anedia, Pedaladas, Amencer-Aspace, Apamp), percorreron a quinta etapa do camiño portugués, que discorre entre Valga e Milladoiro. Unha camiñada de 22 quilómetros que realizaron desde as 9 da mañá ata as 6 da tarde, co obxecto de facer visible a realidade destes enfermos e reclamar medidas que normalicen as súas vidas.

Tanto en horario de mañá como de tarde foron asistidos e apoiados por varias patrullas do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra para facilitarlles o tránsito dos cruces das estradas nacionais, garantindo desta forma que a xornada transcorrese sen ningún tipo de incidentes.

TRÁFICO COLABORA CON XUNTOS NO CAMIÑO
FOTO: GARDA CIVIL