Prado celebra este fin de semana as festas de San Xosé

O barrio de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra este fin de semana as festas na honra de San Xosé.

A Orquestra Xacobeo e o Grupo América SL amenizarán a gran verbena do sábado 18 de marzo.

O domingo 19, a xornada comezará ás 10 da mañá coa entrada e pasarrúas a cargo da Charanga Va K Pinta e a actuación especial do Grupo Folclórico O Balcón do Val Miñor, que ademais acompañará a procesión que se celebrará despois da Misa Solemne das 11:30 horas. Pola noite, a Orquestra Televisión e a Charanga Va K Pinta animarán a festa.

Anuncios