Anuncios
Ticker de novas

Visita guiada pola fachada marítima de Baiona

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” ofrece o venres 17 de marzo un percorrido pola “Fachada marítima de Baiona” en colaboración coa Concellería de Turismo de Baiona. A actividade está aberta a toda a cidadanía na que se mostrarán os diferentes atractivos deste lugar e no que se abordará a relación desta vila co mar.

O lugar e hora de encontro para a visita guiada será a Oficina de Turismo de Baiona ás 16:30 horas. Estímase que o itinerario terá unha duración de aproximadamente dúas horas. Para participar neste percorrido guiado, de carácter gratuíto, os interesados deben apuntarse previamente chamando ao teléfono da oficina de turismo 986 68 70 67 ou mediante e-mail a oficinadeturismo@baiona.org.

Anuncios