Concello de Nigrán e Aqualia, a empresa xestora do servizo municipal de auga do municipio, organizan o vindeiro mércores 22 de marzo ás 11.00 horas unha xornada de portas abertas á Estación de Tratamento de Auga Potable de Nigrán (ETAP) situada en Priegue para conmemorar o Día Mundial da Auga.
Os interesados en acudir deben inscribirse previamente na Oficina de Información Cidadá do Concello ou chamando ao 986 365 000, xa que hai un aforo máximo de 25 persoas (organizaríanse máis quendas se fose preciso). O obxectivo da visita é que os asistentes poidan comprobar in situ algunhas das claves sobre o funcionamento, importancia social e repercusión medioambiental do sistema de abastecemento en Nigrán.
Concello e empresa concesionaria aproveitan esta data para dar visibilidade a este complexo servizo público que se encarga de tratar e distribuír a auga de consumo para posteriormente recoller e depurar as augas residuais e devolvelas ao medioambiente.

