Gondomar organiza obradoiros prácticos para mellorar a busca de emprego

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Concello de Gondomar organiza obradoiros prácticos destinados a achegar aos veciños á realidade do mercado laboral actual, proporcionando información útil para a busca efectiva de emprego que permita diferenciarse do resto dos candidatos nun proceso de selección.

Poñeranse en marcha oito obradoiros prácticos, que permitirán obter as ferramentas necesarias para manexarse con éxito no actual mercado laboral.

OBRADOIROS:
1. Aprende a diferenciarte e destacar entre o resto dos candidatos.
2. Claves para triunfar nas entrevistas de traballo.
3. Apps e uso do móbil na busca de emprego.
4. Currículo tradicional fronte currículo de impacto.
5. Marca persoal e busca de emprego.
6. O poder do Networking: traballa a túa rede de contactos.
7. Redes sociais para a busca de Emprego I.
8. Redes sociais para a busca de Emprego II.

Os obradoiros terán lugar entre abril e xullo, no CDL ás 10:00 da mañá, e serán gratuítos para os asistentes. As persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude que terán á súa disposición no Centro de Desenvolvemento Local do Concello. Terán prioridade os empadroados en Gondomar e os desempregados inscritos na oficina do INEM. Máis información no teléfono 986 384 020 ou no correo emprego@concellodegondomar.com.

Anuncios