A OMIX do Concello de Nigrán informa sobre o campamento de verán na Lanzada

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de inscrición para o campamento “Depo Aventura A Lanzada” para o ano 2017, organizado pola Deputación de Pontevedra. O campamento está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2009, ambos os dous incluídos. O período de inscrición remata o día 3 de abril. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX (Oficina Municipal de Información á Xuventude) de Nigrán situada na Estrada pola vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081.

Anuncios