60 clubs disputarán a fase de Vigo da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Coa presencia do deputado provincial de Cooperación, David Regades, e a deputada de Deportes, Chelo Besada, a sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu a celebración do sorteo das xornadas eliminatorias dos equipos participantes na fase de Vigo da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol, que enfrontará a un total de 59 equipos do sur da provincia a partir do vindeiro mércores, 22 de marzo, nunha nova edición (a novena) dun dos eventos máis importantes desta modalidade deportiva a nivel provincial.

Na primeira xornada, a do 22 de marzo, enfrontaranse os seguintes equipos: o U.D. Nespereira co Mondariz C.F., o Goián F.C. co Tomiño F.C., o Real Vilariño co San Miguel F.C., o U.D. Mos co Porriño Industrial, o Louro Tameiga co Caselas C.F., o Balaídos C.F. co C.D. La Guía, o Nieves C.F. co Gran Peña F.C., o C.D. Modelo co Erizana C.F., o C.D. Nieto co C.D. Pontellas, o Chapela C.F. co Progresista C.F., o S.R. Casablanca co S.P. Guardés, o S.D. San J. de Rubios co S.C.D. Arenas Alcabre, o S.D. Atlético Villar co S.D. Mosende ou o Covelo C.F. co S.D. San Estevo.

Por outra banda, enfrontaranse tamén o C.D. Caldelas co Gondomar C.F., o C.D. Teis co Desc. Sampayo, o S.D. Castelo co S.D. Juvenil, o Club Peñasco co Cultural Areas, o R. Castrelos co U.D. Atios, o A.D. Peña Beretas co Nigrán C.F., o U.D. Santa Mariña co Atlántida de Matamá, o Tyde C.F. co C.D. Valladares, o C.D. San Salvador co Xinzo F.C., o C.D. Vincios co Alerta Sanguiñeda, o A.D. Lavadores co U.V.C.D. Candeán, o S.D. Salvaterra co C.C.D. Chaín e, finalmente, o Gondomar F.B. co U.D. Ribera.

A estes equipos uniránselle o R. Pereiro fronte ao Rápido de Bouzas, o C.D. Coia fronte ao C.D. Choco e o C.P. AlertaNavia (que competirá co equipo gañador do partido que disputarán o U.D. Santa Mariña e o Atlántida de Matamá). Estes clubs xogarán a partir da xornada do 5 de abril debido a un axuste do cadro oficial da competición.

As seguintes xornadas serán, sucesivamente, o 26 de abril, o 17 de maio (oitavos de final), o 25 de maio (cuartos de final) e o 31 de maio, onde se celebrarán tanto a semifinal de Vigo como a grande final co equipo gañador da semifinal de Pontevedra.

Lembramos que nesta novena edición da Copa Deputación de fútbol participan en total máis de mil equipos e clubs da provincia e de todas as categorías, movendo a máis de 18.000 persoas. En concreto, esta edición da Copa, que o novo Goberno da institución provincial manterá ao longo de toda a lexislatura, aglutina máis de 100 equipos de primeira liña e nela tamén participan 25 equipos na copa feminina e máis de 900 equipos de todas as categorías nunha copa base.

COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL
FOTO: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA