Anuncios
Ticker de novas

Danza Paradela volve con tres premios da primeira fase do Concurso Nacional de Anaprode

FOTO: DANZA PARADELA

A Escola Danza Paradela de Gondomar participou este fin de semana na Primeira Fase do “Concurso Nacional de Danza Anaprode” con 12 das súas alumnas, de entre 8 e 10 anos, presentando tres coreografías na categoría de hip-hop, conseguindo un primeiro premio e dous segundos.

O evento celebrouse os días 11 e 12 de marzo no Teatro da Casa da Cultura de Avilés (Asturias), como fase previa para a Final Nacional que se celebrará en Tarragona a primeiros de maio.

Tras levar un primeiro premio, terán que disputar a Final, que se celebrará do 5 ao 7 de maio no Palau Firal i de Gongressos de Tarragona.

A Escola Danza Paradela está situada no CDL (Centro de Desenvolvemento Local) de Gondomar. Leva 16 anos a cargo de Diana González Caeiro, contando con nenos e nenas de idades comprendidas desde os 3 anos ata a terceira mocidade, e nela practícanse varias disciplinas como o modern jazz, contemporáneo, salsa, hip-hop, zumba, etc.

Non é a primeira vez que a escola asiste a este concurso. Fai cinco anos presentouse cun grupo de nenas, quedando na final campioas nacionais de hip-hop.

DANZA PARADELA NO CONCURSO ANAPRODE

FOTO: DANZA PARADELA

Anuncios