A Escola de Baile Marcando Pasos, con sede no Centro Deportivo Sey da Carrasca, en Nigrán, conseguiu este fin de semana un total de 21 premios na Primeira Fase do “Concurso Nacional de Danza Anaprode”, no que participou con 21 coreografías.
O evento celebrouse os días 11 e 12 de marzo no Teatro da Casa da Cultura de Avilés (Asturias), como fase previa para a Final Nacional que se celebrará en Tarragona a primeiros de maio.
Dos 21 galardóns obtidos, un por cada unha das coreografías presentadas, 14 foron primeiros premios e os 7 restantes segundos.
As coreografías que conseguiron o primeiro premio participarán na Final que se celebrará do 5 ao 7 de maio no Palau Firal i de Gongressos de Tarragona.

