Anuncios
Ticker de novas

17 premios para o Grupo Giro’s na primeira fase do Concurso Nacional de Danza Anaprode

FOTO: GIRO'S

O Grupo de Baile Giro’s do Centro Cultural de Baíña e da Asociación de Veciños A Unión de Matamá conseguiu un total de 17 premios na Primeira Fase do “Concurso Nacional de Danza Anaprode”, na que participou con 21 bailarinas e 2 bailaríns de entre 7 ata 22 anos.

O evento celebrouse os días 11 e 12 de marzo no Teatro da Casa da Cultura de Avilés (Asturias), como fase previa para a Final Nacional que se celebrará en Tarragona a primeiros de maio.

Dos 17 galardóns obtidos, 7 son primeiros premios -2 deles con unanimidade do xurado-, 6 segundos e 4 terceiros.

As coreografías que conseguiron o primeiro premio participarán na Final que se celebrará do 5 ao 7 de maio no Palau Firal i de Congressos de Tarragona.

Anuncios